top of page

Xornada con sorpresa na escalinata de García Pucher

Ismael Romero
9 mar
4 min de lectura

Actualizado: 21 abr

Como cada Sábado, decenas de xoves danse cita na escalinata deste abandoado parque

vigués para dar rienda solta o que máis lles gusta, rapear.


Hai unha pequena zona na cidade de Vigo, situada entre a rúa Coruña e a avenida de

Beiramar, que non destaca por ser demasiado bonita, nin por estar no mellor estado, de feito é o carón dun parque de cans e a parte traseira dun gran supermercado; as escaleiras do antigo “Toys R Us”. Este enclave privilexiado, trala zona inferior do Instituto Politécnico atópase en estado de semiabandono, non se limpa, as zonas verdes están sen coidar e persoas sen fogar pasan alí as noites. Pero os sábados pola tarde noite transfórmase nun escenario improvisado para decenas de chavales que acuden en grupo para practicar a súa pasión, as batallas de improvisacións.


En Vigo, nesta época do ano, o solpor xa comeza a atrasarse ata case as oito, hora na que

adoitan a dar comezo, no parque de García Picher, as primeiras rimas dos “freestylers”

candidatos a levarse a vitoria na final de esa mesma noite. Este sábado pasado, o torneo daba comezo antes do habitual, empezaban a soar as primeiras bases de rap a través dunha

improvisada mesa de control, composta por unha pequena cadeira de escola, un altofalante

conectado a un móbil co Youtube aberto e un paquete de Winston Largo como apoio.


Pasaban os minutos e seguía a chegar público, preto dos 60 en total, equipados a maioría ca

súa respectiva bolsa plástica do supermercado, agochando as litronas ou a mezcla, ataviados para a ocasión con roupa de estilo urbano e dispostos a disfrutar das improvisacións dos participantes do día. Ese día máis de 20 chavales agardaban o seu turno para rimar ó ritmo das bases que o DJ, un dos organizadores xunto con Richi, o presentador, decidise pinchar. O seren 20 contendientes, un número que non é potencia de 2, teríamos, como case todos os fines de semana, unha pequena ronda previa entre os 8 participantes con menos prestixio ou cunha vagaxe máis corta, que determinou os clasificados ós octavos de final.


No primeiro combate do torneo en si, notouse o paso a un momento con máis seriedade por parte da organización, xa que pediron silencio e atención no público. Enfrentábanse “Crocodile” contra “Saúl MC”, o primeiro desprazouse dende Padrón exclusivamente para o torneo, como el mesmo contou logo, chegaron en tren el e mais outros participantes. Tras 2 minutos de rimas entre cambios, devolvéndose os ataques entre si, a Vitoria de “Crocodile” chegou na réplica final coa que pechou a primeira batalla, entre aplausos confirmou o pase ao seguinte ronda. Tiveron lugar outras sete peleas dialécticas e en todos os casos gañou o freestyler con máis experiencia, destacando a boa actuación de Miguel Armesto que pasou á seguinte fase pese a ter rapeado a metade do seu turno sen base de fondo debido a problemas co altofalante.


Chegados os cuartos de final, xa só quedaban rapeiros con experiencia e con moitos anos

metidos en esto, a mellor das batallas foi a que protagonizaron “JP Reyes” e “Zodiac”, se

estaban xogando ó pase ás semifinais e pese a que nos primeiros intercambios de barras o

que parecía que se impuña era JP, Zodiac logrou levantar de novo o ánimo do público paraforzar chegar ao repetición e así poder ter 30 segundos máis para intentar convencer.

Conseguíuno, máis ben por demérito do seu rival, que quedou en blanco os últimos 10

segundos do seu tempo provocando silbidos do público; a organización o tiña claro, Zodiac

pasaría a semifinais.


Para decidir quen chegaba a final, os combates serían de 5 minutos en vez de 3 como viñan

sendo; e tras un descanso de 15 minutos, volvía o son das bases e comezaba o primeiro

enfrentamento: Manuel Calles contra “Benix”. Foi unha boa batalla con rimas moi persoais,

acusando, por exemplo, a Manuel de ser desleal e ter traicionado os seus antigos amigos, ó

que o de Vigo replicou acusando a “Benix” de consumir cocaína nos parques para cativos. Foi un combate moi intenso pero con pouca lírica real, acabou pasando “Benix”.


No outro lado do cadro, agardaba Zodiac que ía enfrentar a “Hyorshua”, un dos que tiña chegado dende Padrón, e habitual nas batallas de todos os sábados. Foi quizais un dos mellores enfrentamentos, todos os turnos foron aproveitados o máximo e o público estaba moi entregado, non se esperaba que ningún dos dous chegara a final, foi un reparto moi bonito de rimas facendo referencia sobre todo a familia, amigos e as cousas que fan que sigan con ánimo na vida. Zodiac volveu forzar a repetición mais na súa última quenda Hyorshua provocou os berros do público e a organización non lle costou tomar a decisión, Hyorshua estaba na final.


Benix e Hyorshua chegaron á final sen ser ningún dos dous favorito, e lograron firmar un

combate bastante longo e de moi boa calidade que foi aplaudido polo público o seu remate, tras un intercambio constante de boas rimas sobre unha base lixeiramente máis rápida, que fixo que non se parase nin un segundo de improvisar e alentar por riba. A victoria, como se esperaba polo factor de xogar na casa, foi para Benix, que celebrou bebendo a cervexa que tiña na man de un só trago.





Comentarios


bottom of page