top of page

A outra cara da Intelixencia artificial: a advertencia de Castellví en A Coruña

Daniela Taboada
5 mar
3 min de lectura

Actualizado: 7 mar


Daniela Taboada


Último xoves de febreiro, sete menos cinco da tarde, e o auditorio da Afundación de A

Coruña agarda a Pere Castellví. Son polo menos 50 persoas as presentes na sala, de

todas as idades comprendidas entre a mocidade e adultez. Son maioría os pais e os

docentes, motivados pola incertidumbre do descoñecido, en busca de respostas sobre

algo que afecta ao seu día a día a través de fillos e alumnos.


ABANCA organiza esta

Pere Castellví durante a súa intervención
Pere Castellví durante a súa intervención

conferencia e trae ao experto en psicoloxía e saúde pública desde

Cataluña co propósito de completar o Ciclo Educativo SXXI, polo que celebran distintas charlas e conferencias sobre teorías e estudos da actualidade.



19:03, chega Castellví. O público esperta.



Nada máis comezar, introduce a primera idea: a Intelixencia Artificial (IA) xa forma

parte do noso día a día. Cousas como a domótica, os sistemas de recomendación ou

mesmo o recoñecemento facial corroboran que non é un fenómeno exclusivo da

xuventude, está completamente extendido por toda a sociedade.


Propón o elemento central: a polivalencia desta ferramenta. Os seus riscos non poden

opacar os beneficios. Na propia psicoloxía, e sempre con supervisión humana, a IA é a

principal responsable da optimización do tempo para investir no diagnóstico,facéndose cargo de tarefas como detección de perfís de risco ou etiquetaxe emocional

segundo escalas cromáticas.


A sala permanece en silencio, asentindo fronte as súas afirmacións e, por un momento,

semella que o conflicto entre saúde mental e intelixencia artificial é inexistente, que

todo son beneficios nesta nova variante da tecnoloxía.


De súpeto, no medio do silencio, o conferenciante alerta sobre a crueza e sensibilidade

do tema a continuación. É nese momento cando presenta a outra cara da moeda.


Diapositiva de apoio no momento no que cuestiona aos presentes e favorece a intervención do público
Diapositiva de apoio no momento no que cuestiona aos presentes e favorece a intervención do público

Castellví propón dous casos moi mediáticos que exemplifican á perfección o paralelismo das conductas e favorece a intervención do público aditivas co uso prolongado e ilimitado de Intelixencia Artificial como substituto da compañía humana.




Foron algúns espectadores os que referenciaron o papel da IA como confidente cando

se lles cuestionou sobre o uso que facían os seus fillos dela. Algo non tan anómalo na

mocidade: “quen non lle contou as súas penas a ChatGPT?”


Non obstante, si ben pode parecer unha opción sen riscos, temos que ter en conta que

son ferramentas programadas para compracer ao usuario e non cuestionalo.


Menciona o caso de S.S. III, un menor de idade que mantiña unha relación

parasocial-sexual cun bot de Character AI. A “aparentemente” inofensiva relación

evolucionou nunha dependencia emocional intensa que conlevou: a baixada do

rendemento académico, o insomnio, desembolso económico signficativo, entre outros.O xove que atopou na súa “compañía virtual” un confidente a quen plantexarlle os

seus pensamentos suicidas, atopóuse cunha resposta compracente e incitadora por

parte da IA para finalizar ca súa vida.


Como profesionais, expón o psicólogo catalán, non podemos determinar unha única

causa, pero si definir a relación co chatbot como “factor precipitante”.


Nun suxeito con vulnerabilidade previa, o illamento social progresivo consecuencia do vínculo parasocial e sexual derivou nun tráxico final motivado pola ausencia de contención

fronte a sinais de risco por parte da IA.


Os espectadores revólvense nas súas butacas. A crueza do relatado apela á máxima

sensibilidade, incitando na mente dos presentes a incógnita egoísta tan temida: “e se

fora o meu fillo/a?”.


Na adolescencia, explica, lévanse a cabo procedementos mentais conducidos cara a

madurez e formación adulta que, en ocasións, poden verse entorpecidos polas

respostas ficticias e condescendentes brindadas pola intelixencia artificial no seu día a

día. A ausencia de contraste crítico, a entrega de datos sensibles e privados, as

comparacións irreais e a baixa tolerancia á frustración son solo algúns dos problemas

alimentados por este tipo de ferramentas resolutivas, inmediatas e dispoñibles a todas

horas.


O falecemento de S.S. III supuxo un antes e un despois na conciencia social. A súa nai

iniciou un procedemento legal polo que esixía respostas e explicacións a como se

puido permitir que un ChatBot incitara ao suicidio e mantivera un ton sexual cun

menor de idade.


O silencio aparece de novo na sala. Xurde outra incógnita: quen permite que esto

suceda? Quen asegura que non haberá máis casos así?


A regularización das IAs é, segundo Castellví, un pilar fundamental. Coma usuarios,

debemos ter claros os nosos dereitos: transparencia no uso de datos, supervisión

humana en decisións e temáticas importantes, protección da privacidade e integridade,

etc.


Son as 20:15, a conferencia encara a súa etapa final e, con ela, as reflexións e

recomendacións brotan con claridade e naturalidade.


Se queremos convivir e usar a IA de forma segura, debemos coñecer as súas

potencialidades e limitacións. Debemos establecer vínculos sanos con ela, saber que a

amizade real é insubstituíble e cualitativamente mellor. Debemos fortalecernos nos

seus erros, disfrutar dos beneficios coñecendo e manexando os riscos.


O reloxo marca as 20:25 e os aplausos inundan a sala, o encontro chegou ao seu fin.

Comentarios


bottom of page