Riazor Ostia revindica a memoria colectiva no seu debut no Rosalía De Castro

Fotografía tomada pola fotógrafa do evento, Claudia Franco Fernández, no teatro Rosalía De Castro
O estreno da obra teatral, Riazor Ostia acolleu a grandes fanáticos coruñeses na noite do venres do 27 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, onde o seu director, Gustavo del Río, combina a temática social coa metaficción para darlle vida a Samuel Luiz e Pier Paolo Pasolini, unha última vez.
Ás oito da tarde do venres, encontrábame buscando o meu posto no teatro, esquivando apertas, bicos e palabras de ánimos dos espectadores cara Gustavo. Un director que quería aparentar serenidade e confianza, pero que nos seus ollos deixaba ver a intranquilidade e a ansia. Ao seu lado, o director do Teatro Rosalía, Xosé Paulo Rodríguez, era quen controlaba a escea. Sabía onde posicionarse, a quen saúdar e a quen mirar dende arriba. Dous homes que sabían que, en menos de trinta minutos, se disputaban os aplausos dun público competente e esixente. Un público que intenta comprender como é posible a repetición dun asasinato cincuenta anos despois pola mesma causa: A identidade sexual.
Esta traxedia convertida en teatro social preséntanos a dous protagonistas: Pier Paolo Pasolini, artista italiano, marxista, incómodo para as altas esferas e, sobre todo, homosexual. O seu asasinato no 1975 deixou marcada a localidade de Ostia, Italia.
Cincuenta anos despois, Samuel Luiz converte a praia de Riazor no escenario do seu asasinato a mans dunha manada de agresores que, ao berro de “Puto maricón”, lle arrebataron a vida.

Na imaxe, o actor Denis Gómez como Pier Paolo Pasolini, fotografía tomada pola fotógrafa, Claudia Franco Fernández
Pasolini renace nesta obra na súa faceta de director cinematográfico, situándose en Riazor para rodar unha nova película, na cal o fascismo, a violencia e a xustiza toman gran protagonismo.
O teatro permaneceu en expectación durante os oitenta e cinco minutos que durou a obra. As caras dos espectadores ían mudando a medida que as frases saían da boca dos actores; as veces, as bagoas aparecían, nacidas dunha rabia compartida e unha ferida colectiva que segue marcando as rúas da cidade de cristal.
Aínda que no relato se emprega a retranca, a sorna e certo toque de humor, a verdade é que o salón chegou a conclusión de que estamos perdidos. Somos unha sociedade aviolentada, marcada por un novo fascismo; unha xuventude que sinte que é totalmente libre pero que, en realidade, é cada vez máis obediente das altas esferas. Del Río asegura que a cultura, que podería ser a nosa salvación, acabará sendo censurada e mesmo destruída. Pero a min xurdiume unha pregunta inevitable: Acaso os fascistas saben o qué é un teatro?
Sabía que estaba entendendo a obra; incluso sentía que existía unha conexión real entre o público e os personaxes. Eu o describiría como, unha experiencia inmersiva: poder coñecer a obra e vida de Pier Paolo e, ao mesmo tempo, comprender o falso arrepentimento dos culpables da morte de un rapaz calquera, nunha noite calquera de verán.
O que sinto que conquistou ao público aquela noite foi o final.
A última conversa que manteñen os supostos Pier Paulo e Samuel coa xornalista, ten algo case místico. Un Pasolini que parece coñecer a Samuel de toda a vida, como se non fose a primeira vez que falaban. Un Samuel confuso, que non entende, que non busca fama, que só era un rapaz. E unha xornalista que corta a tensión do encontro cunha pregunta que cortou o aire no Rosalía de Castro: “Pero os perdoades?”. E, ao unísono, a resposta: “Non, nunca os perdoaremos polo que nos fixeron.”
É aí cando comprendes que a xustiza non é tan xusta e que o último que che berran antes de morrer, sí importa, sí marca e sí doe.
Nin a Samuel nin a Pier Paolo, os asasinaron por nada. Os asasinaron por rabia, por medo, por odio e por crueldade. Por ser distintos.

Fotografía por Daniela Tojo o día do evento
Os case cinco minutos de vítores e aplausos valeron a pena. Saín do teatro coa sensación de que somos nós, coma sociedade, os que repitemos as historias, e que somos nós quen temos que seguir loitando pola verdadeira liberdade, como lle gustaría a Pasolini.
Unha obra na que os respecto polos difuntos sempre estivo presente e que conseguiu crear no Rosalía non só unha experiencia íntima, necesaria e humana, senón tamén, unha gran reflexión social. Recordando especialmente que a memoria de un é a memoria de todos.



Comentarios