top of page

Risas improvisadas en Riquela con “La Fábrica de Impro”

Laura Torrado
7 mar
5 min de lectura

Actualizado: 21 abr


A Sala Riquela énchese como moitos martes co show de comedia “La Fábrica de

impro”, un espectáculo local e sinxelo que só necesita da imaxinación e o enxeño

dos seus catro protagonistas, e das frases do público para facer rir a gargalladas

aos seus oíntes. Un plan diferente e divertido na cidade de Santiago de Compostela,

onde nada é incorrecto e todo suma a improvisación. “La Fábrica de Impro”

mestura gags, música e comedia física sen guión previo, co fin de que a audiencia

saia tras a función coa cara cansa de tanto sorrir.


O pasado martes 24 de febreiro as 21hs, como a maioría dos martes dende o 2020,

tivo lugar en Riquela o show de comedia “La Fábrica de Impro”, unha función

cómica centrada na improvisación creada por Cayetano Lledó. A Sala Riquela,

situada na rúa do Preguntoiro a altura da Praza de Feixóo, é un dos bares máis

coñecidos da Zona Vella de Santiago. Pois ademais de contar coas mellores

facultades dun bar, como unha carta sinxela e eficaz, unha boa terraza é un lugar

moderno e acolledor para tomar unha caña, tamén conta cunha zona posterior

onde se realizan diferentes eventos culturais que pasan dende concertos de todo

tipo ata actuacións cómicas. Unha calidade que fai do bar Riquela un lugar

especial. Entre a súa programación está o espectáculo de comedia “La Fábrica de

Impro”, un show de dúas partes e de arredor de dúas horas de duración, que consta

de sete actos cheos de sketches e marcados por unha premisa diferente en cada

un.

Minutos antes de comenzar o show “La Fábrica de Impro” en Riquela. Laura Torrado
Minutos antes de comenzar o show “La Fábrica de Impro” en Riquela. Laura Torrado

Os primeiros asistentes comezaron a chegar sobre as 20:45 hs, anterioridade

suficiente que lles permitiu escapar da aglomeración de persoas que se agruparon

as 21 hs na porta que comunica a zona do bar coa sala de espectáculos, menos mal

que na propia web do show á hora de comprar as entradas se rogaba que o público

fose puntual. Dentro do bar a meirande parte das mesas xa estaban cheas, xa fosen

por clientes alleos o espectáculo posterior como por parellas ou amigos que

decidiron tomar algo antes da función. Unha vez pasado o pequeno espazo interior

do lugar había que dirixirse a zona do escenario, onde cada espectador debía pasar

o seu código QR. A cambio, os propios actores da improvisación dispoñíanche

dunha pequena tarxeta. Nela, cada integrante do público escribiría unha palabra ou

unha pequena frase que máis tarde se utilizaría de forma completamente aleatoria

nos diferentes actos do espectáculo. Unha forma, como eles mesmos explicaron,

de probar que nada está guionizado e de facer partícipe ao público, facendo a

experiencia irrepetible.


A partir das 21 hs a sala comezou a encherse e a xente empezou a sentarse nos

bancos e banquetas que había a disposición para ao redor das 80 persoas que

conformaban a audiencia, aforo completo formado na súa maioría por persoas que

asistían o show por primeira vez. Sobre as 21:10 hs os actores Jacobo Barros, Pablo

Navas, Gandalf Gambarte e Cayetano Lledó subíronse o escenario para dar comezo

a risa. Nesta pequena introdución soamente explicaron dúas regras básicas: cada

vez que se mencionara “La Fábrica de Impro” o público tería que vitorear e aplaudir,

e cada acto tras a súa breve explicación daría comezo tras a frase “3,2,1, impro”, a

cal debían corear tanto os espectadores como os propios cómicos. Desta maneira

deu inicio o show coa primeira dinámica, denominada “posturas”, a cal consistía en

que un dos actores debía quedar quieto na postura que estivese adoitando no

momento no que sonase unha bucina. A partir desta pose xeraríase un pequeno

sketch e así sucesivamente. Un primeiro acto simple pero efectivo que deixaba

claro o ton que se adoitaría durante toda a función.


O segundo acto chamábase “o que o público diga”, e como ben di o seu nome

consistía en atribuírlle a cada un dos actores unha persoa da audiencia que

completaría os seus diálogos. Así, os catro cómicos realizarían as súas

improvisacións ata que nalgún momento dado se quedasen en silencio e sinalasen

aos espectadores, a modo de marca para que a persoa correspondente do público

dixese o primeiro que se lle viñera a cabeza. Esta segunda escena faría conectar a

sala coa improvisación, outorgándolle protagonismo e capacidade de decisión. Un

poder que algún oínte non sabería xestionar, xa que non deixaría de interromper e

de falar dende este momento ata o final do espectáculo, facendo a experiencia un

pouco amarga e molesta.


A pesar dos murmurios o espectáculo continuaría co terceiro segmento, o punto

álxido da función. Pois seguramente foi o sketch máis gracioso e o que máis

recordarían a posteriori os asistentes. Este foi alcumado como o “personaxe

secundario” e só estaba protagonizado por dous dos cómicos, Gandalf Gambarte e

Cayetano Lledó, este último sendo o personaxe secundario. É dicir, Gandalf

interpretaría sempre a mesma personaxe a modo de condutor, mentres que Lledó

faría de todos os demais seres vivos que fosen aparecendo ao longo da toma. Esta

escena estivo marcada pola repetición e a acumulación, sendo o chiste que cada

vez houbera máis personaxes secundarias ás que Lledó tivese que caracterizar en

moi pouco tempo para que a historia non perdera ritmo. Un gran exemplo de como

un pequeno xesto e o cambio de ton da voz son suficientes para que o público poida

imaxinar todo o demais.


Así, chegaría o último acto da primeira parte, que foi o “punchi punchi”. Nel, Pablo

Navas faría uso da súa guitarra, para en momentos claves da improvisación dos

seus compañeiros tocar unha melodía inventada acorde a situación que estivesen

a interpretar os cómicos. Con esta música de acompañamento pretendíase crear

un número musical onde os actores restantes tiñan que cantar sobre o que estaba

pasando nese momento ou sobre os sentimentos da personaxe coma se se tratase

dun musical. Unha maneira de aportar dinamismo á función mediante a música

para que non se fixera todo moi repetitivo.


Ao final do cuarto acto, sobre as 21: 53 hs, os cómicos anunciaron un parón de 10

minutos, onde tanto público como protagonistas aproveitaron para pedir máis

cañas. Unha vez consumido o tempo de descanso comezou a segunda parte do

espectáculo, na cal colleron moita relevancia as frases e palabras escritas ao inicio

polos asistentes. Xa que, aínda que algunha delas xa se utilizara nas escenas

anteriores, serían no quinto e sexto acto cando máis se empregarían. Pois, a

modalidade da quinta escena consistiría en ler unha tarxeta cada minuto e medio,

onde cada unha serviría como título para cada improvisación, mentres que na sexta

toda a improvisación se definiría por ler constantemente máis e máis frases do

público. Entre elas estarían: “eu churrasco ó forno non o como”, “os pés nunca

menten”, “que pasa cos médicos”, “mar de caos”, “Johnnie Walker peruano”,

“comerse os mocos”...


Para finalizar o show tivo lugar o sétimo sketch, para o cal os intérpretes buscaron

entre o público unha parella que se animase a subir o escenario. Unha vez a

encontraron dispuxéronse a preguntarlle algunhas cuestións a cada un como: ¿que

é o que máis che gusta da túa parella?, ¿que é o que menos soportas?, ¿que afición

tes?, ¿a que te dedicas? entre outras. Con todas estas repostas e cunha melodía de

acompañamento da guitarra de Pablo Navas cada cómico tornaríase para

improvisar unha canción. Esta escena foi un pouco casposa e vergoñenta e non

conseguiu ser o mellor cerre de espectáculo.


Chegase por tanto ao final da actuación cunha sensación de que a segunda parte

non tivo tanto nivel como a primeira en pos de utilizar as frases do público e facelo

partícipe da improvisación.


En definitiva, “La Fábrica de Impro” é unha función simple e de pouca produción

que cumpre o seu obxectivo, divertir o espectador. Unha actividade á que vale a

pena asistir se estás pola cidade de Santiago, aínda que non chegue a ser un

espectáculo cómico exquisito.


Os actores de “La Fábrica de Impro” no seu último sketch. Laura Torrado
Os actores de “La Fábrica de Impro” no seu último sketch. Laura Torrado

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page