Unha picada no segundo tramo deixou sen opcións ao granfavorito, Iván Ares, e permite a coroación dun novo gañador,Santiago García, 10 anos despois
Actualizado: 21 abr
O rally de A Coruña daba comezo o venres 27 de febreiro as 19:00 da tarde coa
presentación de todos os pilotos nun improvisado escenario no parrote. A acollida
foi incríbel para todos os competidores, destacando a ovación realizada a Iván
Ares, catro veces gañador da competición, que volvía despois de non participar o
ano anterior por problemas de saúde mental, co seu Toyota GR Yaris Rally2, en
busca de recuperar a súa coroa. A grande ausencia estaría marcada polo gañador
das últimas tres edicións, 5 en total, Victor Senra, quen se ausentaría por
problemas de saúde. A pesar de isto, o equipo Senra Sport estaría ben
representado polo pai do anterior mencionado, Manuel Senra, quen xa é unha
lenda do mundo do rally galego.

Tras a presentación os competidores dirixíronse ao mítico tramo urbano na zona
do Castelo de San Antón. A expectación e a cantidade de xente que estaba
presente era enorme, moitos dos espectadores movíanse constantemente
intentando atopar o mellor lugar para observar a proba. O tramo aconteceu sen
apenas dificultades, debido o medo de moitos participantes de ter algún
problema ou accidente e non poder competir na verdadeira proba que sería no día
seguinte. A sorpresa chegou ao remate da proba coa aparición dun Ferrari SF90
stradale, quen tamén realizou o tramo urbano do rally.
Xa no día seguinte, o primeiro tramo, Betanzos-Coiros, comezaba ben cedo as
8:30 da maña, con Iván Ares no primeiro lugar. Pouco púidose observar deste
tramo, xa que, o terceiro coche en saír, o Audi RS1 N5, de Sergio Bello, tivo un
choque tremendo contra o peche dunha casa ao saírse da estrada. Ambos tiveron
que ser trasladados o hospital, quedando o tramo neutralizado, indicando que non
podería facer ninguén máis a proba.
O seguinte tramo era o de Aranga, tramo complicado cedo as 9:00 da maña pola
molladura que había na estrada, de feito moitos competidores afirmaban que era
moi difícil dar o seu máximo nese momento, motivo polo que ían con seguridade e
cunha velocidade non tan alta. Puido ser por este estado no que se atopaba a
estrada que o primeiro en saír e o gran favorito, Iván Ares tivo un pequeno
contratempo picando unha roda no medio do tramo e facendo que perda cerca de
6 minutos fronte o seu máximo perseguidor Santiago García, quen afirmábase no
liderado con dos moi bos primeiros tramos, grazas as boas respostas do Skoda
Fabia RS Rally2.

A noticia da picada de Iván entristeceu a gran cantidade de xente que estaba
presenciando o tramo en Aranga, xa que despois dun ano sen participar temían
que este problema fose o causante do seu retiro definitivo. A pesar de isto, o
animo e a ilusión da xente notábase no ambiente, aplaudindo e ovacionando a
maioría de competidores que pasaban, levándose a maior ovación o antes
mencionado, Manuel Senra, quen fixo resoar e aplausos por todo o público.
Ninguén quería perder esta competencia, había xente por todas partes, no medio
do campo, nunha explanada cerca do tramo e mesmo subida no monte para non
perderse a proba.
Rematado estes dous primeiros tramos fíxose o primeiro reagrupamento e
posteriormente a asistencia, que serían un total de tres, na que os pilotos terían
que asistir obrigatoriamente en caso de que queiran seguir competindo.
Tralo parón volveron a realizar o tramo de Betanzos-Coiros, esta vez sen
problemas maiores como no anterior, sen moito que destacar ao ser un tramo moi
corto onde non poden sacar o máximo do coche, e de seguido outra vez o de
Aranga, onde esta vez cunha estrada máis seca e as rodas e o motor máis quentes
os pilotos sacaban a relucir toda a potencia dos seus coches.
O primeiro en pasar foi Iván, quen trataba de recortar o máximo tempo posible,
pasando como unha exhalación, demostrando a súa superioridade
automobilística, e sacando os aplausos de todo o público, tras del viña o líder do
rally, quen a pesar de non superar a Iván en ningunha das probas, agás na da
picada, mantíñase constante e sen cometer erros.

A partir deste tramo a esixencia facíase notar, posto que aconteceron os primeiros
tres abandonos da competición, sen contar o fatal accidente do inicio, cunha moi
lamentada pola xente alí presente, xa que era un piloto coñecido da zona, e
aconteceu diante do groso do público. Tamén houbo outro pequeno susto do mini
de Pablo Álvarez Rodríguez, quen tivo un problema coa caixa de cambios que
puido resolver de maneira exitosa.
A xornada seguiría co dobre tramo de Oza Cesuras, un antes de comer e outro a
volta, onde acontecería ben pouco máis que algún outro abandono repentino por
mor de algunha avaría mecánica.
Xa ben entrada a tarde chegarían os últimos catro tramos que se realizarían case
de seguido cun pequeno descanso de por medio despois de facer os dous
primeiros. Estes serían os dous de Cerceda e os dous de Laracha-Culleredo.
Aquí era observable a desesperación ou necesidade de sorte por parte de Iván que
vía como a ilusión de tornar e volver a ser campión facíaselle cada vez máis
imposible, fronte a un Santiago García moi constante sen cometer apenas erros.
Nestes tramos, a xente xa daba por gañador a Santiago e gozaba dos tramos coas
manobras complicadas e arriscadas que facían os pilotos que xa non se xogaban
nada na clasificación, que deixaban derrapes e certos movementos destacables.
Finalmente, e a pesar de gañar dez tramos de once, Iván Ares non conseguía
alzarse coa vitoria, quedando nun meritorio cuarto lugar. A vitoria sería para
Santiago García, que conseguiría acabar con dez anos de dominancia entres os
dous pilotos máis fortes, Iván Ares e Victor Senra, e alzarse co seu primeiro rally,
acompañado no podio por Diego Varela e Adrián Pérez.




Comentarios